Consellería do Mar e Universidade de Vigo renovan o seu acordo para seguir monitorizando a semente de mexillón

09 Novembro 2023

Ademais amplíanse as zonas de estudo de catro a sete, que inclúe Aguiño.

A Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo seguirán co seu estudo de identificación e marcado selectivo de larvas de mexillón tras a renovación do acordo de colaboración. Este estudo ten como obxectivo obter información sobre a evolución do recrutamento de semente de mexillón en Galicia, e está financiado polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA).

No novo acordo amplíanse os puntos de control de catro a sete, polo que se incluirá Liméns, Aguiño e Lorbé.

Para este novo período de 2024 a 2026, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia achegará 217.000 euros. A Universidade de Vigo encargarase da identificación e cuantificación larvaria, mentres que, o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Vilanova de Arousa coordinará e analizará os resultados.

Desde a Consellería están a considerarse outras medidas para mellorar a xestión da semente de mexillón no medio natural para o seu posterior cultivo, como unha nova normativa de consenso e a exploración de alternativas que permitan obter maior cantidade de semente, incluída tecnoloxía de drons e a aplicación de intelixencia artificial para detectar o recurso en zonas de difícil acceso.

Outros artigos

Sábado 8, intervalos nubrados e algún chuvasco illado

Este sábado,8 Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, o que deixará unha xornada de ceos con intervalos nubrados e a posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional, especialmente no noroeste durante as primeiras horas do día. As...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.