Persoas usuarias do Centro de Día de Maiores de Porto do Son visitan a catedral de Santiago

10 Outubro 2023

Un grupo formado por 10 persoas do Centro de Día de Maiores de Porto do Son, entre persoal e usuarias, visitaron este martes 10 de outubro a Catedral de Santiago para quedar máis tarde a compartir un xantar na cidade.

“Con moita ilusión”, así é como describiron a excursión a Santiago de Compostela organizada polo Centro de Día que xestiona COGAMI dende xaneiro do ano 2014.

Para algunhas delas, como afirmaba Eugenio Botana, “é a primeira vez que saio dende que foi a pandemia, co que estou moi ilusionado”.

COGAMI lembra que o Centro de Día de Maiores de Porto do Son, ademais de ser “un recurso social e de apoio ás familias”, tamén “supón un punto de encontro onde teñen cabida actuacións socioculturais con carácter socioterapéutico e, ao mesmo tempo, lúdico e de animación”.

Dentro das actividades de lecer están as saídas como esta que, segundo explica a directora do centro, Cristina Delgado “intentamos motivar a todas as persoas que acoden ao centro con actividades grupais como esta”.

A este centro acoden a diario de luns a venres un total de 40 persoas, cunha idade media que comprende os oitenta anos, e que son atendidas por un cadro de persoas que engloba as 15 persoas contratadas.

Outros artigos

O 20 de xuño celébrase a II Andaina Nocturna de Nebra

Volve a Andaina Nocturna de Nebra, logo de éxito de participación do ano pasado, e faino cunha segunda edición programada para o sábado 20 de xuño a partir das 22.00 horas (recepción) na Casa Veciñal de Nebra (campo da festa) e cun prezo de oito euros de inscrición....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...