O Concello de Dodro vai organizar unha nova excursión a disposición da veciñanza, logo do éxito acadado pola celebrada a pasada fin e semana a San Andrés de Teixido, viaxe que vén de quedar plasmada nunha manchea de fotos publicadas no Facebook municipal.
A seguinte experiencia viaxeira será á contorna portuguesa do Minho, concretamente á festa da Quinta da Malafaia, en Esposende, unha popular (en ambas beiras da raia) celebración de música, gastronomía e diversión.
Será o 4 de novembro e hai un límite de prazas. A veciñanza interesada en participar pode inscribirse desde este venres, día 20 de outubro, as 9 da mañá.
A saída será dende a Casa do Concello ás 15.00 horas. A volta dende Portugal será ás tres e media da madrugada. Farase ademais unha parada en Viana do Castelo. O único requisito é ser maior de idade.
