Jealsa, Frinsa e Calvo igualadas polo liderazgo entre as grandes conserveiras

08 Outubro 2023

O ano da inflación a maioría das grandes conserveiras do país dispararon a súa cifra de negocio, aínda que as marxes reducíronse debido ao encarecemento dos custos tanto da enerxía como dos aceites, entre outros. Esta situación fixo que as distancias na particular clasificación das empresas do sector acurtáronse, polo menos en canto a vendas.

Segundo a documentación depositada ante o Rexistro Mercantil e recollida pola web Economía Dixital Galicia, o pasado ano Jealsa, o xigante conserveiro galego de Jesús Alonso, marcou récord de ingresos, alcanzando os 814,8 millóns de euros fronte aos 704 millóns do exercicio precedente.

Nas grandes conserveiras galegas tamén destaca Frinsa. Aínda que a maior distancia de Jealsa e Calvo en canto a vendas, a empresa ribeirense estiraron o pasado ano a súa cifra de negocio ata os 609,6 millóns de euros, case un 12% máis. É a primeira vez na súa historia que superan os 600 millóns de facturación. Frinsa tamén pechou exercicio cunhas ganancias netas de 23,7 millóns de euros, en contraposición aos 34,3 millóns de 2021.

Calvo, con sede en Carballo, reduce distancias coa gran provedora de Mercadona que é Jealsa. A compañía, en liña co resto do sector, marcou en 2022 récord de vendas, alcanzando os 678 millóns de euros, un 22% máis.

Outros artigos

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...