Boiro contará cun dispositivo especial de seguridade con motivo do encontro entre o CD Boiro e o RCD Mallorca

30 Outubro 2023


O mércores 1 de novembro ás 18.30 horas terá lugar no Campo Municipal de Barraña o encontro da Copa do Rei entre o CD Boiro e o RCD Mallorca. Con vistas a garantir o correcto desenvolvemento do partido, na mañá deste luns 30 de outubro realizouse unha xunta de seguridade para, tamén, determinar o dispositivo especial que se levará a cabo durante a tarde.

Policía Local, Protección Civil, Garda Civil e seguridade privada velarán polo correcto desenvolvemento do encontro e seguridade das persoas asistentes tanto nos accesos ao estadio como durante o partido. Non estará permitido o acceso ás instalacións con bebidas, bengalas ou armas de calquera tipo.

En canto ás recomendacións de circulación nas inmediacións do campo, estará cortado o tráfico na avenida de Barraña entre a rúa numero 11 (cruce Casa Dora) e a rúa Traballadoras do Mar entre as 15.00 e as 22.00 horas, polo que o tráfico a Cabo de Cruz será desviado polo Saltiño e o Seán.

Do mesmo xeito, non se poderá estacionar na zona acoutada nas inmediacións do campo, que estará libre exclusivamente para vehículos autorizados e o tránsito de persoas a pé que accedan ao estadio.

Dende o Concello de Boiro recomendan o estacionamento na avenida Avellaneda, rúa Empresario Jesús Alonso e inmediacións destas e acceso andando ao estadio.

O público no Campo Municipal de Barraña estará dividido en tres zonas diferenciadas, con portas de acceso distintas para cada unha. A apertura de portas está prevista ás 16.45 horas e dende o Club aconsellan revisar a porta de acceso indicada nas entradas para facilitar os accesos ao estadio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.