A Pobra converteuse na terceira parada e na sede coruñesa da Liga Trial Box este domingo 22

25 Outubro 2023

O motociclismo de campo protagonizou o panorama deportivo da Pobra do Caramiñal a pasada fin de semana. A Liga Trial Box chegou pola primeira vez á localidade, converténdoa na terceira parada e sede coruñesa neste 2023. Arredor de sesenta pilotos procedentes de Galicia, Asturias, Castela e León e Portugal citáronse na mañá do día 22 de outubro na parroquia de Santo Isidro de Posmarcos. Esta competición dividiuse en cinco categorías, segundo a dificultade do circuíto habilitado na contorna natural do lugar, con zonas de terra, pedra, lama e auga para medir a habilidade na superación dos obstáculos.

Con relación a isto, o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen asistiu á entrega de premios xunto con representantes da comunidade de montes, incide na relevancia deste evento que chega pola primeira vez ao municipio e que “é exemplo do dinamismo deportivo existente, ademais de posibilita-la exhibición doutras disciplinas como é o caso do trial.” O edil tamén precisa que a Administración local colaborou no ámbito loxístico para contribuír a un correcto desenvolvemento en condicións de seguridade.

José e Jorge Suárez acadaron o podio no TR1. No TR2, o ouro foi para Jacobo Suárez, a prata para Paulo Ballas e o bronce para Joaquín Diéguez. Marcos Antepazo logrou a vitoria no TR3, seguido de Ángel Leiros e Santi Villanueva. Javier Fernández, José Luis Carballedo e Santiago Aguiño conseguiron o TR4. E, no TR5, os mellores resultados correspondéronse con Giovani Nevoa, Óscar Pazos e Miyagui Devesa.

Cinco probas no total integran a Liga Trial Box, que comezou na Peroxa (11 de febreiro) para seguir en Lugo (26 de marzo), A Pobra (22 de outubro), Manzaneda (18-19 de novembro) e Vigo (17 de decembro).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.