A Comunidade de Montes de Baroña celebra este domingo 15 a nova edición das Xornadas Micolóxicas

09 Outubro 2023

A Comunidade de Montes de Baroña celebra o 15 de outubro as VII Xornadas Micolóxicas, en colaboración con MycoGalicia Plantae. O obxectivo será reivindicar os cogomelos con presenza nos nosos montes, valorizalos e aprender á poboación a distinguilos (poñendo o foco naquelas especies onde poida haber confusión). Haberá contidos teóricos, prácticos e degustación. Desenvolverase na contorna do local da Comunidade de Montes, a partir das 10h. Máis información en 679 156 855.

O programa comezará a partir das 10.00 horas, cunha charla explicativa no dito local da Comunidade sobre os aspectos máis destacados da micoloxía (tipos de fungos, métodos de selección e identificación, características, etc).

Ás 11.00 haberá unha saída ao couto micolóxico de Baroña para recoller cogomelos, con asesoramento profesional durante todo o percorrido.

Ás 13.30 horas está prevista unha xuntanza na Casa Forestal para a selección e posterior preparación dos exemplares recollidos, elaborados de formas diversas.

Ás 14.00 horas degustaranse os pratos realizados.

Recoméndase levar calzado cómodo e roupa axeitada para o monte (ollo coa chuvia), e tamén unha cesta de vimbio ou semellante para a recollida de exemplares.

Organiza a Comunidade de Montes de Baroña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.