“Verde e dixital. Un vieiro para unha Europa distinta”. Antón Luaces

14 Setembro 2023

Así se desprende do sinalado por Ursula von der Leyen, presidenta da Comisión, que fixo fincapé no cambio climático e a ampliación da Unión Europea na súa intervención deste mércores sobre o estado da Unión no Parlamento Europeo.

Un discurso dunha hora libre de anuncios de futuro, con referencias evidentes a China e Ucraína, e á necesidade de manter todo o tempo necesario  a colaboración con este Estado, ao que abre un futuro aparentemente non lonxano no seo da propia Unión.

Tres son os aspectos que para von der Leyen resultan desafíos fundamentais: a desaceleración empresarial, a escaseza de man de obra e a inflación, todos eles vinculados ao ser ou non ser das compañías comunitarias e unha dose abundante de Intelixencia Artificial.

Outros retos son a culminación do Pacto Migratorio, a gobernanza económica e a ampliación -posiblemente en oito novos membros- da Unión Europea nos vindeiros anos. Para que esto último sexa así, teranse en conta os méritos dos candidatos a integrarse na UE xa que logo é necesario o consenso dos países membros que a conforman.

Será, sen dúbida, unha UE distinta. E máis verde e dixital de cara, xa, a 2030,  froito dun proceso complexo e técnico baseado, como xa se dixo, nos méritos contraídos, sobre todo, polos países aspirantes a encadrarse nese club comunitario  no que o denominado Pacto Verde xoga un papel fundamental que, por certo,  o Partido Popular Europeo -do que forma parte Ursula von der Leyen- non quere entrar decididamente malia ser o santo e sinal desta cando asumiu o cargo en 2019.

Dentro de algo menos de 300 días as eleccións europeas fixarán, probablemente, un novo rumbo no que a axenda verde seguirá a ter o seu peso; pero con figuras como as de Pedro Sánchez ou Enmanuel Macron que, agora mesmo, non se sabe que papel poderán desempeñar (se é que repiten como presidentes de España e Francia, respectivamente).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.