Rianxo e Lousame volven colaborar na Limpeza Simultánea de Ríos convocada por ADEGA (este 24 de setembro en 52 concellos)

19 Setembro 2023

A XVI edición da Limpeza Simultánea (Móllate polos Ríos), organizada polo Proxecto Ríos de
ADEGA, celebrarase este ano en 52 concellos de toda a xeografía galega, na que participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…), algunhas delas
novas que se suman por primeira vez a esta décimo quinta edición. Entre as asociacións que recuncan nesta xeira colectiva ambiental atópase a Asociación de Veciños do Araño (Rianxo), que actuará novamente, co voluntariado local, nas beiras do río Te, coa colaboración do Concello. Tamén se suma á xornada ambiental a Fundação Montescola, en Lousame. Será este domingo 24 de setembro.


ADEGA explica que a limpeza será o 24 de setembro e que “mobilizará a unha gran cantidade de voluntarios e voluntarias que se mollarán polos ríos destes 52 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social”.

Pola súa banda, os centros de ensino que participan nesta edición realizarán a limpeza o venres 23 de setembro. Todo o voluntariado será agasallado cunhas camisolas co lema da limpeza.

Na páxina web para a limpeza especifícase no que consiste a limpeza, lugares de celebración, contactos das persoas coordinadoras, e as entidades participantes e colaboradoras.

Entre outros obxectivos, a Limpeza Simultánea de Ríos pretende divulgar como realizar unha actuación ecolóxica nos ecosistemas fluviais, polo que se repartirá un Protocolo de Limpeza de Ríos que tamén se pode descargar da web.

O Proxecto Ríos, coordinado na Galiza por ADEGA, é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos mediante ferramentas que garantan a súa participación.

Voluntarias/os de Araño (Rianxo) participando nunha das limpezas colectivas de ríos


Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...