O Concello de Porto do Son anunciou a volta á actividade da Ludoteca Municipal, a partir do 2 de outubro. O prazo de inscrición para as persoas interesadas en desfrutar deste servizo para a rapazada, no que se ofrece un amplo abano de actividades creativas (traballos manuais, obradoiros, xogos) abre o 25 de setembro. Poden facerse a través do rexistro municipal ou da sede electrónica. Máis información nos teléfonos 981767589 – 698197909 e na conta de corrreo omix@portodoson.gal.
O horario da Ludoteca Municipal será de 16.30 a 19.30 horas. Establécense dous grupos: nenas e nenos de 6 a 12 anos (luns, martes ou mércores, a escoller un dos días) e nenas e nenos de 3 a 5 anos (xoves ou venres, a escoller un dos días).
