Noa e Martín son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

23 Setembro 2023

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publica hoxe a Estatística de nomes dos neonatos galegos correspondente ao ano 2022, que reflicte que Noa e Martín son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son Noa, Sofía, Valeria, Olivia e Martina, que se atopan nas primeiras cinco posicións.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son Martín, Mateo, Leo, Lucas e Hugo. A comparativa co ano 2021 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que Mateo e Martín intercambian posicións e Hugo estaba no terceiro lugar e no 2023 baixa ata o quinto posto, por detrás de Leo e Lucas, que ocupan o terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como en 2022, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás Izan, Daniel e Alejandro que dan paso no 2022 a Thiago, Liam e Nicolas.

En canto ás nenas, no 2022 incorpóranse Alba, Alma e Antía e desaparecen do listado dos 20 primeiros Sabela, Emma e Carla.

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación

O IGE tamén dispón da Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar neste enlace.

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2021 E 2022

NENOSNENAS
 20212022 20212022
1MateoMartín1SofíaNoa
2MartínMateo2NoaSofía
3HugoLeo3MartinaValeria
4LeoLucas4LaraOlivia
5LucasHugo5ValeriaMartina
6EnzoManuel6DanielaLucía
7ManuelEnzo7OliviaDaniela
8RoiLuca8SaraLara
9GaelRoi9MiaSara
10AlexGael10LuciaMia
11AntónXoel11LíaCarmen
12IzanAntón12ValentinaVera
13DanielMarco13VeraLía
14PabloPablo14VegaValentina
15MarcoAlex15JuliaVega
16BraisBrais16SabelaAlba
17BrunoBruno17CarmenLola
18XoelThiago18EmmaAlma
19LucaLiam19CarlaJulia
20AlejandroNicolás20LolaAntía

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.