Martes de Entroido e a Dorna, festivos locais para o 2024 en Ribeira

25 Setembro 2023

O pleno de Ribeira decidiu este luns que o Entroido e a Dorna sexan festivos locais o vindeiro 2024. Queda fóra a patrona, e o Executivo local formado por BNG, PBBI e Psde G-Psoe, pide á Igrexa que mova a patrona o segundo domingo de setembro e con iso potenciar a festa.

Antes das intervencións dos partidos o fixo a petición, a representante da Hostalería de Ribeira, Paula Parada, quen interviu solicitando que sexa festivo o Martes de Entroido polas repercusións económicas que ten, dixo, no sector a festa.

Das formacións políticas o voceiro do Psoe, Francisco Suárez-Puerta Colomer, apoiou o martes de Entroido e a Dorna, xa que dixeron que a Patrona apenas produce retorno para a hostalería e o comercio e da perdas.

O BNG a través da súa voceira, Mª Cruz Rivadulla Márquez, baseou o e seu argumento na separación de poderes e que o martes de entroido á marxe da súa importancia económica, remonta a súa celebración a século antes como festa pagana na que se iniciaban as festas da primavera. Preguntouse a voceira, porque a festa patronal da capital tiña que ser a única que non se celebrara en domingo o que podía discriminar as demáis parroquias que sempre celebran os seus patróns en domingo.

Pola súa banda o voceiro do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, apoiou a rotación das festas a partir do vindeiro ano, se ben este partido decidiu apoiar finalmente a proposta da alcaldía de martes de entroido e a dorna.

A voceira do PP de G, María José Sampedro Fernández, lembrou á voceira do BNG que o Carme de Aguiño se celebra sempre o día 16 de xullo, e apostou pola Dorna e a Patrona, lembrando as palabras do portavoz do PBBI que o ano pasado salientou a importancia da festa de Santa Uxía e este ano cambiou de parecer.

Por último antes da votación o alcalde de Ribeira, dixo que sen entrar en cuestións sobre a celebración relixiosa e o que significa, destacou que é necesario potenciala mesma e descargou na Igrexa a responsabilidade de movela Patrona o segundo domingo de setembro, e deste xeito lograr potenciala festa patronal. O rexedor dixo que o martes de entroido é un beneficio para o sector hostaleiro e do comercio despois do inverno, e a Dorna é unha festa incluso de carácter xa internacional que atrae xente de fora.

O final a votación rexeitou a proposta do PP de G de poñer Patrona e Dorna por 10 votos a favor contra 11 votos en contra.

A proposta do equipo municipal saiu o 13 febreiro martes de Entroido e 24 de xullo a Dorna, como festivos locais con 11 votos a favor os do BNG, PBBI e PSde G-Psoe e 10 en contra os do PP de G.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.