Francisco Paz rende homenaxe a Aguiño e Ribeira na exposición “En Comuñón co Mar” (no Lustres Rivas de Ribeira até o 7 de outubro)

14 Setembro 2023

O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle durante todo o mes unha exposición de Francisco Paz: En comuñón co mar. Foi inaugurada a semana pasada nun acto que contou con parte do equipo de Goberno local. Poderá verse até o 7 de outubro.

Francisco Paz é un artista autodidacta de Aguiño que ten unha longa experiencia como mariñeiro, dende os dezaseis anos na pesca guipuscoana (con sede en Trintxerpe), feito que marca para sempre a súa vida profesional e tamén a súa obra, onde ten protagonismo o mar e a súa ampla gama cromática. Francisco estivo dende a súa mocidade estreitamente ligado á súa parroquia natal, malia estar radicado dende os anos setenta en Donostia.

Respecto da súa obra pictórica, colleu pulo no punto de inflexión que significou a súa xubilación. Dende 2014 mergúllase en diferentes técnicas e comeza a pintar ao óleo da man de Urkiri Salaberria na Casa da Cultura de Okendo e perfecciona o debuxo na Academia de Pintura Marpi grazas a Jaime Susín. Dende 2017 completa a súa formación participante nas clases presenciais de pintura de Marisa Prego en Trintxerpe e dende 2020 afonda co mestre Hangel Montero na técnica da cor e a pintura ao óleo, pastel e acuarela. Tamén realizou clases maxistrais arredor do óleo ao aire libre con Hangel Montero e de acuarela con Eduardo Saldaña e Fermín García Sevilla.

Na exposición que podemos ver estes días en Ribeira, Francisco Paz Patxi rende unha sentida homenaxe ao lugar no que naceu. A conexión co mar é, de feito, o fío condutor da mostra: unha comuñón coa auga e un diálogo íntimo coa contorna, coa figura feminina e tamén co espectador. Nos seus lenzos plasma algúns dos recunchos preferidos da súa terra (Aguiño, Ribeira) e dos seus arredores.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.