“Faltando á verdade” – José Manuel Pena

21 Setembro 2023

Miúdos espectáculos atopámonos, cada día, en demasiadas entidades sociais, deportivas, políticas, económicas, profesionais, empresariais, financeiras…, en relación á violación do principio de igualdade entre homes e mulleres.

Un destes últimos esperpentos materializouse na denominada Real Federación Española de Fútbol. Machistas, narcisistas, egocéntricos e lerchos sen escrúpulos á fronte deste tipo de entidades que tanto prexudica á tan cacarexada “Marca España”. O peor de todo é que faltaron á verdade, a propósito e con mala fe, manipulando vídeos, imaxes, con tal de que non se prexudicase a súa equivocada fama de integridade e de bos xestores.

Moito camiño por percorrer. A transición do 78 xa quedou moi lonxe para que todo quede en papel mollado e en mentalidades máis propias do paleolítico, onde as mulleres só servían para procrear e realizar os labores domésticos nas cavernas.

“Calladita estás máis guapa”, continúa sendo o argumento máis utilizado por estes energúmenos machistas que, case sempre, vanse de rositas. Pasan dun traballo a outro, pero continúan sendo as mesmas aves de rapina e os lobos máis desapiadados. .

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...