Entrega de 2.500 unidades de semente de navalla á Confraría de pescadores de Ribeira para os bancos do Touro e Coroso

09 Setembro 2023

A Consellería do Mar entregou esta semana arredor de 2.500 unidades de semente de navalla á confraría de pescadores de Ribeira para a súa sementeira nos bancos de Touro e Coroso. Os exemplares – procedentes do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, dependente do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA)- tiñan un talle medio de 26 milímetros, son o resultado de algo máis de catro meses de estancia no criadeiro e xa foron trasladados ao medio natural.
Esta actuación enmárcase no proxecto de investigación Seguimento e adaptación non submareal de navalla e ameixa babosa, desde o criadeiro ao medio natural, co que colaboran as confrarías de Ribeira -que protagonizou a sementeira desta semana-, Cangas e A Pobra do Caramiñal. Estas dúas últimas entidades realizaron experiencias semellantes con anterioridade introducindo nos seus bancos lotes de navalla de características moi parecidas ás desta ocasión.
O Centro de Investigacións Mariñas avanza así na colaboración coas confrarías de pescadores co obxectivo de mellorar os procesos de produción de moluscos bivalvos en condicións controladas de criadeiro e reforzar as poboacións presentes nos bancos naturais. Neste segundo cometido ten un papel fundamental o propio sector pesqueiro pois son as entidades colaboradoras as que deben achegar aos investigadores información sobre o estado dos exemplares achegados, tanto no aspecto de supervivencia como de crecemento no medio natural.
Unha boa mostra do compromiso das confrarías con este tipo de accións é o interese manifestado pola de Ribeira para seguir con esta liña de traballo no futuro. Con ese fin, a entidade entregará proximamente ao Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo exemplares adultos para que actúen como reprodutores e poder iniciar así novos cultivos larvarios cos que obter individuos do tamaño preciso para trasladalos ao mar.
A acción de investigación Seguimento e adaptación non submareal de navalla e ameixa babosa, desde o criadeiro ao medio natural comezou no ano 2021 cun orzamento de máis de 85.000 euros e está previsto que remate en decembro deste ano. Non obstante, a Consellería do Mar vai estudar a posibilidade de dar continuidade a esta investigación nos vindeiros exercicios.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...