En Santiago unha exposición conmemora o 150 aniversario do tren entre Cornes e Carril

15 Setembro 2023

Este venres cúmprense 150 anos da posta en marcha da primeira liña ferroviaria de Galicia, que conectaba as estacións de Cornes en Conxo e Carril en Vilagarcía. Con motivo da data, os Concellos de Vilagarcía e Santiago organizan conxuntamente unha serie de actos conmemorativos do fito.

Unha exposición itinerante, conferencias e a reinauguración do Museo do Ferrocarril de Vilagarcía (Mufevi) son os actos que se celebrarán nas próximas semanas e que contarán con representación institucional de ambas as cidades.

A chegada do tren influíu na conexión do tráfico de mercadorías por terra e por mar. Comisariada por Carlos Abellán, expresidente da Fundación dos Ferrocarrís Españois, exdirector do Museo do Ferrocarril de Madrid e actual presidente da Asociación Compostelá Amigos do Ferrocarril, a exposición chegará a Carril o 18 de outubro. O mesmo día tamén se realizará unha conferencia sobre o tema.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.