En Porto do Son, o Concello acomete traballos de seguridade e mellora en Nebra, Seráns, Goiáns, Queiruga e Miñortos

29 Setembro 2023

O Concello de Porto do Son acometeu este mes de setembro varias frontes de traballo, desenvolvidas en diferentes puntos do termo municipal, para a mellora de infraestruturas, accesos e servizos. Púxose o foco en fortalecer a seguridade de estradas, camiños, pasarelas e beirarrúas e tamén na accesibilidade e a comodidade dos usuarios. Actuouse por exemplo na parroquia de Nebra, reparando as varandas de protección de seguridade situadas á altura de Queiro, ou na contorna de Seráns (parroquia de San Pedro), onde se levaron a cabo melloras na pasarela de madeira que atravesa o areal de Espiñeirido-Seráns (deteriorada polo uso e as inclemencias climáticas) e que o Concello quere prolongar a todos os areais do seu territorio.

Reparación das varandas de protección de Queiro, en Nebra

Acondicionamento da contorna da pasarela de Espiñerido, na parroquia de San Pedro

Acondicionamento do acceso da Richoliña, na parroquia de Goiáns

Acondicionamento de beirarrúas nas parroquias de Queiruga e Baroña

Acondicionamento dos accesos de Rial e do Fieiro, na parroquia de Miñortos

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

“La ausencia de los eméritos”. José Castro López

Se cumplieron diez años de la coronación de Felipe VI y el aniversario se conmemorócon un acto sencillo, alejado de la grandiosidad que suele dominar la esfera pública.Al Rey le tocó reinar en el peor momento para la institución monárquica por problemasheredados de su...