O xove teremos néboas e nubes baixas nas provincias atlánticas que poden deixar escapar algún orballo nas primeiras e derradeiras horas do día. As temperaturas descenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo do sur e suroeste, con intervalos moderados no litoral da Coruña.
Atención para xoves:
Visibilidade reducida entre Rías Baixas, Costa da Morte e o Golfo Ártabro pola presenza de brétemas e tamén a posibilidade de chuvia feble entre a Ría de Arousa, Ría de Muros e Noia e Fisterra.

meteogalicia
O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Marusía á mañá, mar ovellado á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 0 a 0.5 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:53 | 1.4 m |
| Preamar | 12:22 | 2.8 m |
| Baixamar | 18:42 | 1.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:47 | 1.5 m |
| Preamar | 12:13 | 2.9 m |
| Baixamar | 18:37 | 1.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 05:50 | 1.4 m |
| Preamar | 12:18 | 2.8 m |
| Baixamar | 18:40 | 1.4 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



