SU.MA leva o seu espectáculo Glamping ao paseo de Barraña (este xoves ás 20.30 horas)

10 Agosto 2023

Este xoves 10 de agosto, ás 20.30 horas, o paseo marítimo de Barraña vai acoller un espectáculo de SU.MA para público familiar e infantil. Trátase de Glamping, unha proposta de teatro-clown e musical que nos pon na pel de tres amigos con caracteres moi dispares que se embarcan na aventura de pasar unhas vacacións xuntos. Porén, a convivencia non sempre é cousa fácil e os conflitos toman parte na escena cotiá dos campistas.

“Glamping“, explican as súas creadoras, “é un espectáculo sobre as relacións humanas, onde calquera poderíamos ser ese personaxe en tensión, buscando a mellor maneira de resolver a situación”. Os ingredientes básicos son teatro xestual, música, acrobacia aérea, danza e swing en clave de clown.

SU.MA é o acrónimo de Sue Moreno e María Move.

Ficha artística

Elenco: Sue Moreno, María Move, Mark Torrecillas
Dirección: Gonçalo Guerreiro
Duración: 50
Público: Todos os públicos
Tipo espectáculo: Circo

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.