Paula Carballeira achega este martes en Cespón (Boiro) unha viaxe por mar, terra e vento para a rapazada

22 Agosto 2023

A contadora, actriz e escritora Paula Carballeira vai estar este martes 22 de agosto en Cespón (San Roque) para achegar un espectáculo de narración oral para a rapazada de Boiro e da contorna. Trátase da peza Camiños de mar, terra e vento, un espectáculo dirixido ao público familiar e infantil que propón unha viaxe acugulada de máxicas andanzas polos camiños da terra (por onde vai quen quere, lonxe e amodiño, atopando aventuras e novos amigos) polos camiños do aire (por onde vai quen adiviñou como voar, sexa coa axuda de paxaros, alfombras, vasoiras ou voadas de aire) e polos camiños da auga (por onde vai quen agarda atopar illas misteriosas, sereas e a música das olas). Comezará ás 20.30 horas. Organizan o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.