O Ateneo de Ribeira acolle o martes a presentación do libro de José Escudeiro

13 Agosto 2023

O Ateneo Cultural de Ribeira acollerá este martes, ás 20.30 horas, a presentación de “Oráculo Manual y Arte de Prudencia” de Baltar Gracián, na versión de José Escudero Pérez.

Pérez presenta un texto adaptado que facilita a lectura ao lector o acto estará presentado polo actor Quico Cadaval.

A nova edición do Oráculo Manual e Arte de Prudencia, de Baltasar Gracián, na versión de José Escudeiro Pérez, presenta un texto adaptado que facilita a lectura ao lector actual, pero mantendo todos os xogos de palabras e o estilo conciso e preciso tan característico do autor, cos menores cambios posibles. Preséntase como un libro-xogo, a modo de «oráculo», acompañado dunha baralla española facsímile antiga, con indicacións de diferentes formas de consulta. O «oráculo» de Gracián contén moitas alusións ao azar e aos naipes, e esta edición é unha chiscadela ao sentido e formulación da obra orixinal, pretendendo tamén que o público xeral, non especializado, achéguese con gusto e en clave lúdica a este clásico universal, moi admirado, pero pouco lido no noso país.

Sede do Ateneo Valle- Inclán de Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.