Este sábado 19 de agosto o parque da Cachada (Boiro) vai acoller a nova edición (a cuarta) da Romaría das Peñas, organizada por Peñas Boiro AC coa colaboración do Concello. O programa de actividades, variadas, diversas e participativas, inclúe xogos peñeiros, sesión vermú, comida e sesión DJ.
A IV edición da Romaría das Peñas dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú a cargo do dúo La Mecánica e unha comida peñeira para a que se precisa inscrición previa contactando coa organización. Pola tarde, a partir das 16.30 horas, haberá unha festa da espuma para nenos e nenas e ás 17.00 horas darán comezo os xogos peñeiros e inchábeis.
Ás 19.00 horas comezará a sesión DJ con DJ Quin, Manu X, Kike Varela, Goxi de Bao, Mateo F e Meu Cariño e haberá festa holi e festa da escuma para todos os públicos.




