Escarabote convértese esta “finde” na capital da música e a gastronomía tradicionais da nosa terra

10 Agosto 2023

A axenda cultural desta fin de semana no Barbanza vainos deparar tamén un menú de música e gastronomía tradicionais galegas. Estamos a falar do festival Folclore en Escarabote (Boiro), que se celebra o venres 11 e o sábado 12 de agosto no lugar de Agramuíña. Organiza a Asociación Cultural Pedra da Aroña.

A actividade comezará este venres 11 ás 22.00 horas cun concerto a cargo de Os Carunchos e, ao rematar, unha foliada libre e participativa. Haberá paella, empanada, mexillóns e queimada. A troula prosegue ao día seguinte, sábado 12, cunha ruada por Escarabote dende o Pontellón. Ás 21.00 horas comezará a nova edición (a 33) do Festival Folclórico de Escarabote.

Colaboran o Concello de Boiro e a Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...