Durante a tarde deste martes, un home de 67 anos coas iniciais M.S.P. , tivo que ser evacuado tras caer e sufrir un golpe na cabeza no seu domicilio en Palmeira. Foi un familiar quen chamou ao 112 Galicia, ás 19 horas, para alertar do acontecido.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou unha ambulancia e o helicóptero medicalizado con base en Santiago, ao Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM), á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira.




