Boiro despedirá o verán con actividades para a rapazada, centos de produtos a liquidación e concertos na Cachada (incluíndo un tributo a Maná)

17 Agosto 2023


Con motivo do remate do verán e do período de rebaixas a ABE e o Concello de Boiro organizan unha Festa Final de Verán que, segundo indicaron as actividades organizadoras “compaxinará a liquidación dos stocks dos comercios cun amplo cartel de actividades de todo tipo durante o venres 25 e o sábado 26 de agosto”.

Stocks fora Boiro

Os comercios asociados a patronal Boirense ofrecerán centos de produtos a prezos de liquidación durante toda a fin de semana, tanto os comercios como os produtos estarán sinalizados con carteis circulares e globos coas cores amarela e azul da campaña para que os clientes os poidan localizar facilmente.

Ademais os comercios repartirán gratuitamente aos seus clientes 2.000 bolsas de algodón e a ABE sorteará a través da súa aplicación de rexistro de tíckets 5 premios consistentes en 1 carro da compra e 50€ en bonos ABE.

Festa infantil

Na praza de Galicia estarán instaladas unha serie de atraccións infantís as que se pode acceder con convites que entregarán os comercios participantes.

O venres en horario de mañá e tarde habilitaranse dous inchábeis e un toro mecánico e o sábado en horario de tarde dous inchábeis e unha festa da escuma (con entrada libre).

Animación de rúas

O Concello de Boiro programará para a ocasión dous espectáculos infantís para venres tarde e sábado pola mañá.

O Venres 25 de agosto a partir das 20:30 está previsto o espectáculo itinerante de rúa Animacreques a cargo da compañía Catropés (animación de zancos, danza, teatro… e moita improvisación). En Animacreques, a partir da técnica circense dos zancos e o virtuosismo da danza, Anxela Blanco e Vanessa Rivas (Catropés) propoñen un xogo visual que permitirá ao público participar e gozar desta peculiar relación entre monicreque e titiriteira.

O sábado as 11:30 hs na praza de Galicia estará a compañía Pillaband co espectáculo A árbore dos desexos que foi gañadora do premio Martin Codax ao mellor espectáculo infantil. Pillaband é un proxecto de Inés Gontad (de Vacas) e Ramón Feáns e que conta a historia de Raiola, unha elefanta nova que vive na sabana africana e que un día, recordando os comentarios do seu pai acerca dunha árbore milagreira que existe no máis profundo da selva, e que ten capacidade de conceder un desexo a quen chegue ata ela, decide marchar para coñecer o seu sitio no mundo, e coñecerse a si mesma.

Música, gastronomía e enoloxía

Para completar a festa a ABE e o Concello de Boiro organizan conxuntamente o sábado 26 no parque da cachada un amplo abano de actividades ás que se suma ás 13:00 o concerto de Leilia incluído no ciclo Paisaxes Sonoras da Mancomunidade Barbanza Arousa (entradas en boiro.gal).

As 14:00 hs será a quenda da actuación musical de BlackStereo (de balde) e unha degustación gastronómica a cargo dos chefs Marcos Santamaria e Manuel Ozores maridada cos viños da IXP Terra de Barbanza e Iria e que inclúe degustación de Mexillón da Cooperativa de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz (ASMECRUZ) e conservas de JEALSA Rianxeira (asociados a patronal Boirense).

A degustación terá un prezo popular de 5€ e inclúe viño, mexillóns e a degustación preparada polos chefs.

Fin de festa

A celebración rematará co concerto +dMANÁ | Banda Tributo a Maná, liderados polo carismático cantante italiano Luca Lavelli, contan cunha importante e recoñecida traxectoria musical. A súa paixón pola música traspasou fronteiras e os mesmísimos Maná eloxiaron a súa enerxía, será as 22:00 da noite e os fogos de artificio as 00:30 hs da noite, ambas actividades tamén no parque da Cachada e con entrada de balde.

Podemos consultar o programa completo nas webs www.abe.gal e www.boiro.gal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.