A axenda de Boiro para este mes de agosto vén ateigada de concertos (de Carlos Núñez, de Leilía, etc), animacións infantís e proxeccións

02 Agosto 2023

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, programou para este mes de agosto unha manchea de actividades para todos os públicos. A concelleira de Cultura, María Outeiral, presentou na mañá deste mércores 2 de agosto o programa de actividades. En palabras da edil, “a nosa intención foi seguir a dinámica dos últimos anos e facer actividades ao aire libre e en distintos espazos das parroquias do noso concello”. A maior parte dos espectáculos están pensados para público infantil e familiar “co obxectivo de ofrecer ás familias tempo de ocio durante as vacacións estivais”.

Na programación de verán destaca o concerto de Carlos Núñez no Pazo de Goiáns, que será o vindeiro 14 de agosto ás 20.00 horas e para o que xa están dispoñíbeis as entradas en Ataquilla. Tamén o concerto de Leilía, no marco de Paisaxes Sonoras, organizado pola Mancomunidade Barbanza Arousa, para o que se poden conseguir as entradas a través da mesma plataforma e o tributo a Maná no parque da Cachada para rematar a festa de fin de verán cunha tirada de fogos artificiais.

“Esta programación que realizamos dende cultura está coordinada coa programación propia que realizan os colectivos e grupos locais así como as entidades veciñais e asociacións de festas”, afirmou a concelleira. O mes de agosto ten unha programación cultural moi ampla “e aínda quedan algunhas sorpresas que iremos anunciando nas vindeiras semanas”.

A programación completa e detallada está dispoñíbel na web municipal (www.boiro.gal) onde se irá actualizando coas novidades.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

  • Venres 4 de agosto, 12.00h. Centro Social de Abanqueiro – contacontos “Desfógate. Unha aventura acuática” de Raquel Queizás
  • Martes 8 de agosto, 20.00h. Pazo de Goiáns – visita teatralizada cos Quinquilláns.
  • Martes 8 de agosto, 21.30h. Pazo de Goiáns – “Tralalareira” de Vero Rilo no marco do programa ‘Mulleres Contando no Pazo’.
  • Martes 8 de agosto, 22.00h. Agramuíña (Escarabote) – proxección do filme “Valentina” no marco do programa Cine na Rúa.
  • Xoves 10 de agosto, 20.30h. Paseo marítimo de Barraña – “Glamping” SU.Ma.
  • Sábado 12 de agosto, 20.00h. Paseo marítimo de Barraña – festa infantil
  • Luns 14 de agosto, 20.00h. Pazo de Goiáns – concerto “Lugares Máxicos” de Carlos Núñez.
  • Xoves 17 de agosto, 12.00h. Paseo marítimo de Barraña – espectáculo “C@nto contigo” de Paco Nogueiras.
  • Xoves 17 de agosto, 20.30h. Agramuíña (Escarabote) – “Rogelio, un pallaso en recuperación” – As Sircópatas
  • Martes 22 de agosto, 20.30h. San Roque (Cespón) – “Camiños de mar, terra e vento” Paula Carballeira.
  • Mércores 23 de agosto, 12.00h. A Cachada – “Concertazo na horta” Brais das Hortas.
  • Xoves 24 de agosto, 20.30h. Cabo de Cruz – “Malabaridades” Fran Boza
  • Sábado 26 de agosto, 13.00h. A Cachada – Concerto de “Leilía” no marco de Paisaxes Sonoras.
  • Sábado 26 de agosto, 22.00h. A Cachada – concerto Tributo a Maná.
  • Martes 29 de agosto, 12.00h. O Coído – “CantaXoga” Migallas Teatro.
  • Mércores 30 de agosto, 20.30h. diante da Casa da Cultura – “Laisse Moi” Collectif Primavez.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.