Galicia celebra este 25 de xullo o seu Día Grande

24 Xullo 2023

Galicia celebra o seu Día Nacional este 25 de xullo. Os actos comenzaran coa tradicional ofrenda Nacional do Reino de España o Apóstolo Santiago, será a 380 desde que se instituirá polo rei Felipe IV en 1643.

A ofrenda será realizada polo xefe do executivo galego nomeado delegado rexio para a Ofrenda deste ano. Sobre as 10.00 da mañá o Presidente da Xunta Alfonso Rueda pasará na praza do Obradoiro, revista ás tropas da Brigada ‘Galicia’ VII – do Exército de terra con sede en Pontevedra. As 12 e mentres a comitiva real entra na catedral polo pórtico da Gloria.

O acto relixioso estará presidido polo novo Arcebispo Metropolitano de Compostela, Monseñor Francisco Prieto Fernández. O nuncio do papa en España, monseñor Bernardito Aúza impoñerá o palio de metropolitano ao novo arcebispo durante a cerimonia da Ofrenda do Apóstolo.

O acto que se poderá seguir a través de TVG, TVE e a canle internacional de TVE e por internet pola Televisión de Galicia.

Pola tarde celebrarase a tradicional misa do padroado de Rosalía de Castro en San Domingos de Bonaval.

Este Día de Galicia completouse este luns coa entrega das Medallas de Galicia a Juan Pardo, Carlos Nuñez e Luz Casal nuna cto celebrado na Cidade da Cultura no monte Gaiás.

Parellamente ós actos institucionais as formacións políticas celebran diversos actos en Santiago e Rianxo, mentres que o Concello de Santiago entregará o recoñecemento “Alba de Compostela” . O Teatro Principal de Santiago de Compostela será o escenario desa primeira edición, un acto institucional organizado polo Concello de Santiago e inspirado no afamado discurso ‘Alba de Gloria, que Castelao fixo en Bos Aires o mesmo día de 1948. O pobrense Daniel Lorenzo Santos, estará entre os homenaxeados .

HISTORIA DA OFRENDA NACIONAL DO DIA DE GALICIA

A ofrenda do Día de Galicia é a denominación que recibe a doazón realizada á catedral de Santiago de Compostela cada ano pola Coroa ou o Goberno español, segundo os distintos momentos históricos, para axudar ao sostemento do culto a Santiago. Foi instituida polo rei Felipe IV en xuño de 1643 e preséntase na basílica compostelá cada 25 de xullo, festividade do Apóstolo.

A Ofrenda naceu coa intención indirecta de compensar á Igrexa compostelá e ao propio santo polos duros anos que viviran desde finais do século XVI, no que se puxo en dúbida a tradición compostelá e o propio padroado español de Santiago. Mesmo no mesmo 1643 determinados sectores presionaban á Coroa para situar como patrón ao arcanxo San Miguel. En todo caso, aos ollos composteláns presentouse como un exemplo da devoción do monarca ao Apóstolo.

O primeiro oferente (1643) foi o capitán xeral de Galicia e gran prior de Navarra, Martín de Redín, nomeado por designación real. Resaltou que a Ofrenda se establecía polos favores que “en todo tempo” o rei Felipe IV recibira do Apóstolo e polos recibidos polos seus antecesores “por tantos séculos”. Contestoulle o arcebispo do momento, Agustín de Spínola.

A Ofrenda, instituida a perpetuidade, mantívose sen grandes sobresaltos ata o ano 1812, cando se propuxo e aprobou nas Cortes de Cádiz a súa supresión. Derívaa conservadora do rei Fernando VII evitou que a medida se consumase. Con todo, en 1869, durante o goberno revolucionario, anulouse a contribución -non a Ofrenda en si- alegando motivos orzamentarios. En Santiago interpretouse como unha supresión de facto e así se lle comunicou ao Goberno. De novo os vaivéns políticos permitirán a súa continuidade, cada vez máis alicaída e menos solemne, ata que durante a Segunda República, a principios dos anos trinta do século XX, o Goberno central renuncia ao seu dereito para presentar oferente.

A nova crise trátaa de salvar a Archicofradía do Apóstolo Santiago, institución tradicionalista compostelá que se encarga neses momentos e durante uns anos de organizar a cerimonia. Busca para iso a representantes das principais institucións santiaguistas españolas: en 1934 realizan a Ofrenda os Cabaleiros da Orde Militar de Santiago; en 1935 a encargada foi a Congregación de Cabaleiros da nosa Señora do Pilar de Zaragoza. As dificultades terminan cando o 21 de xullo de 1937 o ditador Francisco Franco, en plena Guerra Civil, publica un decreto mediante o que restaura a Ofrenda como obrigación institucional -considera que España está en débeda co Apóstolo-. O mesmo texto establece como festa nacional española a data do 25 de xullo, día de Santiago e da presentación da Ofrenda.

Mil escudos de ouro //// Foi o propio Felipe IV quen fixou en mil escudos de ouro o valor material da Ofrenda. Era unha cantidade significativa para a época, aínda que non desmesurada, segundo os cálculos comparativos que se realizaron e os efectos que esta achega produciu na catedral compostelá. A historiadora Ofelia Rey Castelao considera que a pesar da súa modestia, a Ofrenda chegará a significar a mediados do século XVIII e comezos do XIX “máis da cuarta parte dos ingresos da fábrica” catedralicia. Neste significativo resultado influíu, sen dúbida, a escaseza de recursos que recibe o templo xustamente nos devanditos períodos, #ante a crise do Voto de Santiago e a diminución das peregrinacións.

En 1937, ao reactivar Franco a Ofrenda, volveu fixar nos mil escudos de ouro orixinais. Conta José María Díaz, deán da catedral compostelá, que cando en 1961 tentouse actualizar a súa contía calculouse que o seu valor non superaba as 10.000 pesetas [60 euros], unha cantidade xa nese momento pouco máis que simbólica.

Dos reis sen os reis //// Aínda que Felipe IV chegou a pensar en presentar el mesmo a Ofrenda, non o fixo ningún monarca español ata avanzado o século XIX. Tampouco houbo visitas dos reis durante tan longo período de tempo. O primeiro en facelo foi, en 1877, o rei Alfonso XII, que visitou Santiago ese ano grazas ás xestións do arcebispo e cardeal compostelán Payá e Rico. Como 1877 non foi ano santo, houbo que esperar ata 1909 para ver un monarca realizando a Ofrenda en período xubilar. Fíxoa ese ano o rei Alfonso XIII.

Durante o franquismo foi o propio ditador o que se reservou o privilexio de presentala durante todos os anos santos celebrados desde 1984 ata a súa morte en 1975. Nos demais anos os delegados rexios adoitaban ser os capitáns xerais da VIII Rexión Militar (Galicia) ou do Departamento Marítimo de Ferrrol. Desde 1976 é o rei Juan Carlos quen designa aos delegados rexios. Con frecuencia os elixidos son as principais autoridades de Galicia, o alcalde compostelán e outras autoridades do Estado. Durante os anos santos celebrados desde a súa chegada ao trono -1976, 1982, 1993, 1999 e 2004- o propio monarca foi o oferente.

A cerimonia da Ofrenda consiste desde os seus inicios na entrada solemne na catedral do delegado designado ou, no seu caso, do propio rei ou xefe do Estado do momento e a simbólica presentación da Ofrenda durante a misa. O oferente realiza unha invocación ao Apóstolo á que responde o arcebispo compostelán.

A ofrenda da translación //// En 1646 as Cortes estableceron unha segunda ofrenda en honra a Santiago. Fixouse en 8.000 reais de vélaro e mandábase presentar cada 30 de decembro, día no que a Igrexa compostelá conmemora, desde a Idade Media, a Festa da Translación. Nela celébrase a milagrosa viaxe do corpo do apóstolo Santiago de Palestina a España. [MR].

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...