Este sábado celébrase en Ribeira unha nova edición do mercado de establecementos locais Tendas á rúa

14 Xullo 2023

Este sábado 15 de xullo, ás 11:00 horas, inaugurarase en Ribeira a nova iniciativa de dinamización comercial da Asociación de Empresarios de Ribeira: a nova edición do mercado de establecementos locais Tendas á rúa, na praza do Concello. Participará a nova concelleira de comercio acompañada do presidente da patronal, Francisco Martínez.

No mercado participarán até 15 establecementos da localidade. A través desta actividade habilitarán espazos propios na praza do Concello, ofrecendo os seus produtos aos mellores prezos e achegando importantes oportunidades, promocións e descontos. A iniciativa desenvolverase en horario de 10:00h ás 15:00h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

“Recreación histórica” – Xulio Xiz

As festas de recreación histórica están de  moda. Algunhas, coma o Arde Lucus, permiten a unha cidade reivindicar con entusiasmo feitos do pasado, conseguindo difícil unanimidade arredor dunha historia, lenda ou idealización. O mesmo acontece con labores extintas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.