Aberta en Ribeira a inscrición para participar no obradoiro de escritura creativa de Xabier López Marqués

11 Xullo 2023

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira comunicou a apertura do prazo de inscrición para participar nun novo curso de escritura creativa impartido polo escritor e profesor Xabier López Marqués. Celebrarase os luns e mércores de xullo e agosto (data de comezo: 17 de xullo) en horario de 10.00 a 12.00 horas, no salón de actos do Centro Cultural Lustres Rivas.

A condición única para participar no curso é ter máis de 16 anos. para facer a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal indicando nome e apelidos e teléfono de contacto.

Xabier López Marqués é un escritor de Ribeira autor de importantes achegas poéticas, como Polos mares das améndoas, 2000; Das paisaxes esquecidas, 2003; Silencio, 2017; ou a máis recente Os luídos do manancial, 2023, que foi presentada a pasada semana na Pobra do Caramiñal. Nela, o autor emprega a auga como metáfora da creación e a lectura como toma de conciencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.