Terbutalina presenta novo tema, Que retemble o chan

16 Xuño 2023

A banda de Esteiro (Muros) Terbutalina está de volta. Regresan con Que retemble o chan, o seu novo single, que xa podemos ver e escoitar nas redes sociais e que é o avance do seu novo e agardado álbum.

Que retemble o chan é o segundo dos catro títulos que a banda irá descubrindo antes da saída do seu novo longo que verá a luz en outono de este ano e que se revela como unha volta a orixe tras unha revisión dos seus principios máis esenciais.

Ao igual que Xente da noite (o primeiro tema desvelado) Que retemble o chan encara a tempada estival prometendo baile e moitos máis temas “con sabor a Terbutalina”, explican os seus integrantes, engadindo que se trata dun período “cargado de concentración, creación e gravación, que vén con sorpresas, reencontros e regalos da vida. E música, moita música”.

Gravado e producido nos estudios A Ponte polo ribeirense Tomás Axeitos e masterizado por Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro, a banda sigue apostando por fórmulas baseadas na confianza no talento galego.

Próximo single: 28 de xullo.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...