Con motivo da celebración de Santa Cecilia, patroa dos músicos, a Banda de Música de Noia compartiu nas redes o cartel do seu tradicional concerto conmemorativo. Será unha cita “moi especial”, en palabras da agrupación, que engade que o protagonismo “recaerá nos músicos solistas da nosa formación”, que ofrecerán a oportunidade de desfrutar do seu talento e calidade interpretativa. A Banda achegará un programa especialmente preparado para esta ocasión. A cita será o 28 de novembro ás 19.30 horas no Teatro Coliseo Noela. Contarase coa colaboración do Concello de Noia e da Deputación da Coruña.




