Ribeira acollerá un obradoiro para espertar vocacións tecnolóxicas entre as mozas

28 Xuño 2023

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), dentro do convenio de colaboración que mantén coa axencia autonómica AMTEGA, dá inicio ao programa Girl STEAM, unha actividade para espertar as vocacións científico-tecnolóxicas entre a rapazada de entre 8 e 15 anos a través de obradoiros prácticos impartidos a través da rede de Aulas CeMIT de Galicia nun total de 15 concellos.

A primeira parada deste itinerario será o 4 de xullo en San Sadurniño e a clausura organizarase no GaiásTech, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro 8 de setembro. Participan tamén durante os meses de xullo e agosto os seguintes concellos: Leiro, Betanzos, Ribeira, Ortigueira, A Estrada, Oroso, Celanova, Cuntis, Guitiriz, Valga, Barreiros, Ribadeo e Vigo.

A formación está encamiñada a impulsar actividades de mentoring en idades temperás, especialmente dirixidas ás nenas, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática). O traballo realizarase a través de obradoiros formativos prácticos onde poder experimentar coa tecnoloxía, incorporando as Artes ao tradicional itinerario STEM.

Contidos adaptados para proxectos específicos

Co obxectivo de ofrecer contidos plenamente adaptados aos distintos grupos de idade participantes no Girl STEAM 2023, a organización do evento deseña para a primeira franxa de idade (8-11 anos) unha actividade por equipos a partir dun circuíto de luces LED para que se constrúa unha historia, fotograma a fotograma, e a partires de aí presentar unha peza audiovisual en formato stop motion.

Para o grupo de 12 a 15 anos, o traballo estará enfocado á creación de tecidos intelixentes. Haberá programación de sensores con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda téxtil que reacciones aos cambios ambientais, de distancia, luz, inclinación, etc.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...