Quince ofertas presentadas para a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo en Campelos en Olveira

20 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informa de que foron quince o número de empresas presentadas á
actuación consistente na instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo en Campelos (Olveira).
A execución deste proxecto ten un prezo base de licitación de 216.055,11 euros, IVE incluído, e está enmarcado no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos (POS). O prazo de execución
son dous meses.
As obras comprenden a instalación de una tubaxe SN4 de 1.295 metros de longo e 315 milímetros de diámetro. A través dos colectores se conducirás as augas residuais ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo e de alí as augas impulsarase a través dunha tubaxe de polietileno de 250 metros de lonxitude e 63 milímetros de diámetro ata o punto máis alto, onde se
conectará cun pozo de rexistro da nova rede proxectada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.