O Concello de Ribeira licita a mellora da accesibilidade en beirarrúas e o saneamento na Gándara (Oleiros)

28 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informou da licitación dunha nova actuación dirixida á mellora da accesibilidade en beirarrúas e saneamento en Gándara, na parroquia de Oleiros.

Cun orzamento de 100.968,23 euros e un prazo de execución de catro meses, o obxectivo é “mellorar a accesibilidade no lugar da Gándara renovando as beirarrúas existentes para facilitar o tránsito peonil, ao tempo que dotar dunha rede de saneamento nunha zona deste lugar que carece dela”.

A tal efecto, reordenarase a zona de paso utilizando un pavimento continuo de formigón desactivado. Nos accesos aos pasos de peóns e nas subidas/baixadas ás beirarrúas colocarase baldosa hidráulica.

En canto á nova liña de saneamento, disporase un colector polo centro do camiño de PVC liso e 250 milímetros de diámetro.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022, aprobado pola Deputación Provincial da Coruña. As empresas interesadas dispoñen ata o 17 de xullo á medianoite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.