O Concello de Ribeira e a empresa adxudicataria trazan o planta da obra da nova biblioteca na Casa Gran Sol

08 Xuño 2023

Representantes do Concello de Ribeira (entre eles, a tenente de alcalde María Sampedro e o arquitecto municipal) e da empresa adxudicataria trazaron a planta das obras obras de reforma e ampliación da Casa Gran Sol (nas inmediacións do Mercado Municipal) para convertela na nova Biblioteca Municipal: un trámite que marca o inicio oficial da actuación, cuxo prazo de execución é de 24 meses. Fixérono este xoves 8 de xuño pola mañá.

Esta intervención vai ser executada pola empresa Ogmios Proyecto S.L. supoñendo un investimento de 1.239.660 euros, IVE incluído. Está financiada con cargo aos fondos de cooperación do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Conforme ao proxecto técnico, elaborado pola firma Oxil Arquitectura, proponse unha instalación que vai permitir triplicar a superficie actual da biblioteca, emprazada na rúa Manuel Lustres Rivas, e que ostenta “unha forte aposta pola máxima eficiencia enerxética nas súas condicións ao tempo que estará perfectamente integrada na arquitectura da contorna”, explicaron fontes do Concello, engadindo que tamén se busca ampliar a Casa Gran Sol (de dous andares) dándolle unha planta máis e construíndo ás súas costas outro edificio de similar volume, estética e características. Ambos estarán unidos por un ascensor.

Espazo axardinado

Ademais, na zona posterior do solar acondicionarase un patio axardinado de 200 metros cadrados ideado para a realización de actividades ao aire libre complementarios á biblioteca.

En canto aos fondos bibliográficos, situaranse principalmente nun espazo soterrado. Tamén disporá de sala infantil, sala de estudo, sala de informática, dúas salas de “silencio absoluto” e outros espazos. A superficie total de actuación será de 797 metros cadrados sobre unha parcela de 431 que, cómpre lembrar, foi adquirida polo Concello coa intención de efectuar esta intervención.

Por outra parte, na busca da máxima eficiencia enerxética váiselle dotar dunha envolvente técnica, instalacións de baixo consumo, paneis solares fotovoltaicos e un alxibe de pluviais que permitirá recuperar e facer circular as augas grises.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.