Licitada a renovación de servizos e pavimentado na rúa da Cambra en Palmeira

12 Xuño 2023

O Concello de Ribeira vén de sacar a licitación unha nova actuación consistente na renovación de servizos e o pavimentado da rúa da Cambra, na parroquia de Palmeira. O orzamento será de 82.069,87 euros e o prazo de execución de tres meses.

Segundo informa o Concello, a rúa en cuestión conta na actualidade cun pavimento de formigón “bastante deteriorado” e, ademais, os servizos urbanos de auga para consumo, saneamento e pluviais son moi antigos.

O proxecto elaborado prevé “mellorar as condicións de accesibilidade e funcionalidade da rúa creando unha plataforma única na que vehículos e peóns circulen na mesma cota, dando prioridade ao tránsito peonil”. Con tal motivo substituirase o firme actual por un novo pavimento de formigón no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito.

Tamén serán renovados, mellorados e modernizados os servizos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga potable.

As empresas interesadas dispoñen ata o 29 de xuño para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

O investimento foi incluído no Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...