Inaugúrase en Ribeira a cuarta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico (con 13 marcas e máis de 120 modelos en exposición)

16 Xuño 2023

A Asociación de Empresarios de Ribeira abriu este venres as portas dun dos grandes eventos do calendario anual da patronal ribeirense, que se celebra os días 16, 17 e 18 de xuño. Estamos a falar da cuarta edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, unha ocasión inmellorábel, na comarca do Barbanza e na xeografía galega, para coñecer de primeira man os novos lanzamentos do ámbito do motor en materia de mobilidade sustentábel, eficiente e respectuosa co medio ambiente. O evento desenvólvese novamente na praza de España de Ribeira, con entrada de balde en horario de 10:00h a 20:00h.

Algúns dos vehículos expostos nunha imaxe de Canal Rías Baixas

Nela estarán presentes ata 13 marcas de vehículos mostrando ao público asistente un total de máis de 120 modelos. Segundo informou a patronal, “no salón atoparemos as últimas novidades nesta tecnoloxía innovadora dos vehículos híbridos e eléctricos e que xa é unha realidade no noso día a día”.

Os concesionarios terán ocasión de presentar en exclusiva para a comarca do Barbanza as últimas novidades no sector.

A previsión da patronal é conseguir que esta edición “sexa un éxito como as edicións anteriores”, onde pasaron polo evento máis de 4.000 persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.