En Ribeira, adxudicada a senda peonil que conectará o paseo de Coroso coa avenida da Coruña

27 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informou da adxudicación do proxecto para crear unha senda peonil en Coroso: unha intervención que se enmarca na estratexia de desenvolvemento urbano Máis Ribeira Atlántica, que está co-financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A empresa adxudicataria entre as cinco empresas presentadas, resultou Zona de Obra O Rosal, S.L., conforme a unha proposta de 151.233,69 euros, IVE incluído. O prazo de execución son catro meses.

Segundo explican dende o Concello a respecto dos porqués deste proxecto, actualmente a contorna do río Grande está moi degradada, sendo imposíbel circular pola súa zona de servidume. Co obxecto de recuperar este espazo para uso público proponse a creación dunha senda peonil que permita acceder a pé até a praia de Coroso desde a estrada AC-305. Con tal fin redactouse un proxecto co obxecto de crear unha senda peonil de 297 metros de longo e tres metros de ancho dende o arroio Saíñas ata o Paseo Marítimo de Coroso.

Deste xeito conéctase a AC-305 ou avenida da Coruña coa praia de Coroso, dunha maneira sustentábel, integrada e innovadora, enlazando unha zona de gran actividade comercial (especialmente polos supermercados alí situados) con outra zona escolar na que se atopan o CIFP Coroso e a Escola Oficial Náutico Pesqueira.

Na maior parte do trazado (278 metros) utilizarase pavimento natural estabilizado flanqueado por bordos de madeira, a excepción dun tramo de pasarela de madeira con pilotes de 19 metros de longo.

Con esta intervención preténdese “transformar a fronte fluvial nunha zona con maior calidade ambiental, paisaxística e de seguridade, xerando un espazo mixto, con predominio para o peón pero no que tamén poderían circular bicicletas (non así vehículos a motor), potenciando así a mobilidade alternativa e dándolle plusvalía aos espazos verdes, para o uso cotiá e o lecer”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...