Clausúrase o primeiro dos tres obradoiros de linogravado programados esta tempada polo Museo de Artes

29 Xuño 2023

A primeira tenente de alcalde en funcións e concelleira de Cultura, María Sampedro, participou na mañá deste xoves 29 de xuño entrega de diplomas do primeiro dos tres obradoiros que nestes días vai albergar o Museo do Gravado de Artes.

Trátase do undécimo obradoiro, tal e como recordou o seu director Pastor Rodríguez, dende que a institución apostou por esta iniciativa, formativa tendo a particularidade de aprender ao alumnado a técnica de linogravado utilizada por Pablo Picasso, do que no 2023 celébrase o 50º aniversario do seu falecemento.

Os próximos dous talleres celebraranse do 30 de xuño ao 2 de xullo e do 3 ao 5 de xullo, sumando cada un deles 16 horas lectivas presenciais.

Os cursos son dirixidos polos profesores da Universidade de Salamanca José Fuentes, Antonio Navarro e Isabel Carralero.

O número de asistentes a estes tres cursos é de 40 persoas, procedentes de lugares como Porto do Son, A Pobra do Caramiñal, Ourense, Bizkaia, León, Alicante, País Vasco, Lugo, Noia, Ribeira, Oviedo, A Coruña, Cáceres, Santiago, Valladolid, Albacete, Madrid.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.