A USC recoñece o milleiro de estudantes cos mellores expedientes dos centros de Ensino Medio de Galicia

22 Xuño 2023

A USC recoñeceu este xoves 22 os mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia nun acto conmemorativo que se desenvolveu no Multiusos Fontes do Sar e no que recolleron os seus diplomas un total de 1.000 estudantes dos 1139 que obtiveron unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da Proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). En total, deses 1139, 364 son homes e 775, mulleres.

Na distribución por provincias, 539 proceden de A Coruña, 130 de Lugo, 114 de Ourense e 357 de Pontevedra. En representación do profesorado do Ensino Medio asistiron 152 profesores/as. Celso Rodriguez Fernández, delegado do reitor da USC para o Ensino Medio, exerceu de moderador do evento e foi o encargado de realizar os chamamentos para a entrega de diplomas ao estudantado galardoando. Canda os reitores das tres universidades públicas galegas, Antonio López (USC), Manuel Reigosa (UVigo) e Julio Abalde (UDC), tamén participaron no acto a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. 

O acto de entrega contou tamén coa participación de Dulce Mª García Mella, secretaria xeral da USC; Pilar Murias Fernández, vicerreitora de Estudantes e Cultura da USC; Francisco J. Fraga López, vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo da USC; Natalia Caparrini Marín, vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade da UVigo; María Jesús Movilla Fernández, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC; Olga López Rocamonde, concelleira de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores do Concello de Lugo; Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade; Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde do Concello de Pontevedra; Mª del Carmen Pieltain Fernández, concelleira delegada de Mobilidade e Seguridade do  Concello de Ferrol; María José Lombardía Cortiña, vicerreitora de Estudantes, Participación e Empregabilidade da UDC; Alfonso Lago Ferreiro, vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente da UVigo; e Susana Reboreda Morill, vicerreitora de Extensión Universitaria da UVigo. Entre alumnado, profesorado e familiares, o acto congregou a arredor de 4.000 persoas.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.