A Regata Solar de Marine Instruments (Baiona), na liña de saída

07 Xuño 2023

J.C.- A VI Regata Solar que organiza Marine Instruments, coa colaboración do Concello de Baiona, o Club de Iates, Gadis, TuyPan e Coca Cola, entra na recta final de organización coa última reunión mantida estes días cos seus coordinadores. O obxectivo foi ultimar os derradeiros detalles ante a confirmación da participación de máis de 300 escolares de toda España que chegarán á vila do Val Miñor cos seus deseños de última xeración na creación de modelos de barcos e coches propulsados grazas á enerxía solar.

Ratificada a data proposta para o evento o 17 de xuño, os primeiros en achegarse á liña de saída serán a embarcacións solares, que lanzadas desde a beira da praia da Ribeira escoitarán o tiro de saída ás 11 da mañá coas primeiras probas, tanto para escolares como os que participan na categoría Open.

Trala súa conclusión o seguinte punto de acción serán as canchas de baloncesto, iniciando as súas probas os coches solares a partir da 12.30 h.

n total de 55 equipos confirmaron a súa participación, cun número superior aos 300 estudantes que, desde diferentes recunchos de España sumaranse aos centros educativos galegos. Madrid, Valladolid, Palma de Mallorca, Eivissa ou Barcelona mediranse aos representantes das catro provincias da comunidade galega.

A competición deportiva réxese por unhas normas comúns a todos os participantes. Con todo, a pericia dos pilotos e a compenetración cos seus equipos, tanto no desenvolvemento como a súa actuación na pista e na mar, decidirán aos campións de 2023.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...