Vedra foi un fervedoiro de innovacións emprendedoras no 1º encontro International Creative Jam (coa participación de Amicos)

31 Maio 2023

A semana pasada a comunidade de Amicos tivo a oportunidade de participar no primeiro encontro presencial do International Creative Jam Hackathon, abeirado ao proxecto Rural Youth of Europe, financiando polo programa Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores da Comisión Europea. Durante o xoves e o venres (25 e 26 de maio) celebráronse unhas xornadas intensivas de descubrimento, aprendizaxe e traballo en equipo, para dar a oportunidade á xuventude de varios países europeos de colaborar entre si con vistas a adoptar solucións innovadoras aos desafíos de sustentabilidade do medio rural na temática de emprendemento.

Coordinado e xestionado pola Cámara de Comercio de Santiago, as xornadas celebráronse no Centro de Emprendemento e Coworking de Vedra. As sesións incluíron obradoiros temáticos (sobre podcast, Intelixencia Artificial, financiamento e xestión para o emprendemento) utilizando ferramentas dixitais para ordenar as propostas e que os participantes sexan quen de defender ante un xurado as ideas e solucións seleccionadas por cada grupo.

O proxecto terá continuidade os días 13, 14, 15 e 16 de xuño. A temática será a innovación e a tecnoloxía, coordinadas as novas sesións pola entidade socia LugOpenFactory. Contarase novamente coa presenza das entidades socias Cámara de Comercio de Santiago, Fundación Galicia Europa, Eurocidade Chaves-Verín, Regiun Tramuntana (Malta) e UAV (Universidade Aurel Vlaicu din Arad – Romanía).

Os encontros do International Creative Jam recalarán en Boiro en novembro, con Amicos como comunidade anfitrioa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.