“Non baixar a garda, para a Covid-19 non sexa unha enfermidade nova”. Antón Luaces

06 Maio 2023

A consigna, o consello, a petición, e ata a esixencia é, e será sempre, “non baixar a garda”, que foi o que pediu o director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, no momento de proceder, este venres, a declarar a fin da emerxencia da saúde pública de importancia internacional pola Covid-19.

Na súa décimoquinta reunion. o Comité de Emerxencia recomendou que fora declarada a fin da emerxencia de saúde pública de importancia internacional, consello que foi aceptado  polo director xeral da OMS, quen empregará unha disposición  do Regulamento Sanitario Internacional njnca ata o de agora utilizada para estabelecer un Comité de Revisión que desenvolva recomendacións permanentes a longo prazo `para os países sobre como xestionaren a Covid-19 de xeito contino.   

O responsable máximo da OMS fixo un canto á habilidade e adicación dos traballadores da saúde , a innovación dos investigadores  e desenvolvedores das vacinas en as decisións que os gobernos tiveron  que tomar fronte á evidencia cambiante, o que non impediu que o director da OMS fixera fincapé en que non se trata dunha decisión precipitada: “É unha decisión considerada coidadosamente durante algún tempo, planificada e tomada sobre a base dunha análise coidadosa dos fatos”, dixo.

Malia todo, se ben desaparece a emerxencia sanitaria, engadiu Tedros, “o virus segue a circular, polo que a situación podería revertirse”. Por este motivo dixo que non  dubidaría en convocar outro Comité de Emerxencia “se a Covid-19 pon novamente en perigo e noso mundo”, sentenciou.

A semana pasada, a Copvid-19 cobróuse unha vida cada tres minutos. Mentras estamos a analizar estes feitos, milleiros de persoas de todo o mundo loitan pola súa vida  en unidades de coidados intensivos. E millóns máis seguen a vivir cos efectos debilitantes causados pola enfermidade.

Velaí a impkrtgabncia de “noin baixar a garda”, porque o pior que podería facer agora  calquera país é utilizar esta nova como motivo para “baixar a garda”, desmantelar os sistemas que construiu e mandar a mensaxe á súa poboación  de que a Covid-19 non é nada do que se preocupar, insistiu. 

O risco de que xordan novas variantes que causen novos repuntes  de casos e mortes, existe. E Tedros instou a transicionar dom modo “emerxencia” cara unha xestión de C ovid-19 ao nivel doutras enfermidades infecciosas.

Porque o virus está ahí, circulando en todos os países; e aínda que a pandemia non rematou, xa non falamos dunha enfermidade nova e a situación millorou notablemente. con menor mortalidade e un maior nivel  de inmunidade inducida por vacinas ou de xeito natursl, e un millor acceso a diagnósticos, vacinas e tratamentos. 

Como dixo o director mundial da Saúde, xa é hora de mudar a ferramenta e deixar atrás o nivel de emerxencia de saúde pública. 

Collamos a ferramenta nova e man a man cos sanitarios e o colectivo de investigación, os gobernos e a cidadanía, deamos a resposta axeitada ao que aquí quede dun mal que debemos convertir en algo asumible contra o que se pode loitar con medios coñecidos. Temos experiencia. E medios.

Outros artigos

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...

+

“Xúbilo de xubilado”. Xulio Xiz

En tempos, o Servizo Militar era para os rapaces, mais ca oportunidade de ver mundo e cerimonia de iniciación á vida de maiores, corte no estudo ou no traballo para mergullarse nun mundo hostil difícil de entender. Librei da Mili polos peores motivos (físicos e...

+

“Grave non, o seguinte”. Antón Luaces

Este venres foi o cumpreanos do meu fillo máis novo. Cadra o aniversario coa celebración do Día Internacional da Liberdade de Prensa, cuestión que sempre lembro, ao igual que me pasa coa segunda das fillas, que cumpre anos no Día Mundial da Radio. Son feitos que,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

“Energía positiva a los cien años”. José Castro López

Mario Benedetti nos dejó el poema “Aquí no hay viejos”, un canto a la vejez que elpoeta entiende como un regalo que nos carga de experiencias y saberes envueltos en unmontón de recuerdos del ayer. “Aquí no hay viejos, solo que nos llegó la tarde, unatarde cargada de...

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

“País de emigrantes” – José Manuel Pena

Galicia para ser un país de emigrantes aprendeu moi pouco sobre o tratamento laboral cara aos novos inmigrantes que chega en busca de novas oportunidades. Lembrar, cando algún galego marchábase para Suíza, EE.UU, Arxentina, Canadá, Alemaña ou Gran Bretaña. Os peores...