A conselleira do Mar, Rosa Quintana, apoiou a candidatura do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e cunha chea de publicidade electoral percorreu a rúa Rosalía de Castro para apoiar a campaña do líder dos populares ribeirenses.
A responsable autonómica tamén aproveitou para establecer conversación con numerosos veciños, así como con coñecidos profesionais do sector do mar, como o presidente da agrupación de mariscadores de Aguiño, Manuel Ángel Reiriz, ou Rubén Lijó, que dedicou a súa vida profesional a Salvamento Marítimo.
Remitida