JEALSA e a UVigo convocan a segunda edición dos Premios We Sea para recoñecer os traballos de fin de grao e mestrado máis sustentábeis

09 Maio 2023

Hai un ano inaugurábanse os Premios We Sea, uns galardóns que nacían con vontade de premiar os traballos fin de grao e fin de mestrado realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distinguiran por ser relevantes en temáticas relacionadas coa sustentabilidade e a economía circular. Con esta finalidade a institución académica viguesa e a empresa de Boiro JEALSA, referente galego e internacional na fabricación e distribución de conservas de peixe e marisco reuníanse este luns 8 de maio mediante a representación do reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e a responsábel de Relacións Institucionais da empresa, Margarita Hermo. Neste encontro tamén estiveron as dúas estudantes premiadas na primeira edición, Ana Isabel Baanate e Raquel Barciela, xunto á vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini.

En canto aos premios, dicir que ao igual ca na anterior edición, consistirán nunha axuda en metálico de 1000 euros e na realización de prácticas remuneradas -650 euros brutos mensuais- por un período de tres meses nalgún dos centros de traballo na sociedade de Conservas Rianxeira -JEALSA- na comarca do Barbanza. Tal e como se explicou tras a xuntanza, os premios van dirixidos ao alumnado con TFG e TFM defendidos no curso 2022/2023 cunha cualificación igual ou superior a oito puntos e cuxas temáticas estean relacionadas coa sustentabilidade e orientados á consecución dalgunha das metas incluídas no ODS 14 -Vida submarina, conservar e empregar de maneira sostíbel os océanos, mares e recursos mariños-; e economía circular, en concreto, o ODS 12 (Produción e consumo responsábel: garantir modalidades de consumo e produción sustentábeis).

“Nuns días convocarase a segunda edición dos Premios We Sea e a idea é manter o prazo de presentación aberto até mediados de setembro para que poidan presentarse todos os alumnos e alumnas que defendan os seus traballos durante xuño e xullo”, explicou a vicerreitora Natalia Caparrini, quen xunto ao reitor e á responsábel da empresa, insistiron na idea de que “é unha iniciativa de continuidade que se prolongará de maneira automática ano tras ano”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...