Os socialistas de Boiro demandan á Xunta aumentar o financiamento do servizo de axuda no fogar

14 Maio 2024

Os socialistas de Boiro presentaron unha moción para o seu debate no pleno ordinario da Corporación local deste vindeiro xoves 16 de maio na que demandan á Xunta de Galicia “aumentar o financiamento económico do Servizo de Axuda no Fogar, así como mellorar os servizos para reducir as listas de agarda en valoracións”.

O grupo explica que “o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) estase a converter nunha pesada carga para os Concellos pois a Xunta limítase a anunciar autorizacións no número de horas que pode prestar cada Concello pero son as administracións locais as que seguen a asumir o custe do servizo”. Ademais, indican, “a Xunta mantén conxelados os prezos de módulo/hora e son os Concellos os que licitan e adxudican un servizo que se encarece ano tras ano”.

A agrupación sinala tamén que nos últimos anos o custe do servizo incrementouse de xeito significativo “sen que o Goberno autonómico do Partido Popular fixese algunha achega para cumprir coas súas obrigas de financiamento do servizo e paliar estes elevados custes que os Concellos se ven na obriga de soportar cando non teñen nin as competencias nin a obriga de prestar o servizo”.

Lembran ademais que o custe dunha hora do servizo de axuda no fogar está entre os 22 e 24 euros, dos que a Xunta, contando coas achegas autonómicas que lle fai o Estado, achega 12 euros, sendo os Concellos e as persoas usuarias as que asumen o restante cos seus propios fondos. “Isto súmase a que o SAF é un servizo cada vez máis demandado debido ao envellecemento da poboación, supoñendo xa para moitos Concellos un gasto superior ao da limpeza viaria ou recollida de lixo”, sinalan na moción, reclamando á Xunta que “asuma o custe derivado da redución do copago, aumentar o financiamento ao SAF, dote dos medios e recursos necesarios para reducir as listas de agarda en valoración de dependencia e exerza como mediadora nas negociacións para tratar de alcanzar un acordo de convenio colectivo co sector”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.