Gómez Reino insta ao Goberno a aplicar medidas para evitar o vertido de San Finx

25 Maio 2023

O deputado Antón Gómez Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, presentou unha iniciativa no Congreso na que insta ao Goberno a implementar medidas para evitar o vertido de augas da mina de San Finx á ría de Muros e Noia autorizado pola Xunta de Galicia.

En concreto, o portavoz de Galicia en Común no Congreso recolle unha demanda de Marea Cidadá de Noia e pregúntalle ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico “se valora iniciar procedementos para forzar á Xunta de Galicia a cumplir coas súas obrigas”.

Gómez Reino refírese á incorporación das presas de augas residuais da mina de San Finx ao inventario de instalacións de residuos mineiros clausuradas que, en palabras da Marea, “teñen un impacto medioambiental grave, como así o establece a normativa”.

“Dáse o caso de que, pese á falta de actividade e ao abandono destas instalación durante anos, e a pesar da constatación de que estas balsas contén augas e lodos contaminados por metais pesados, por parte da Xunta de Galicia non se realizou a obrigada comunicación para incluír estas presas no citado inventario, chegándose a ocultar a súa existencia en determinados procedementos administrativos realizados até o momento, ou ben inclusive negando a natureza destas balsas de residuos e conferíndolles outros usos, afirmacións que se demostraron falsas”, expón o deputado na iniciativa.

Gómez Reino recolle as denuncias e mobilizacións por parte de colectivos e organizacións, entre as que destacan as do sector pesqueiro e marisqueiro e o ambientalista, contra a autorización dos vertidos, que, segundo apuntan, “poderían afectar aos ecosistemas fluviais e á propia ría de Muros e Noia, riscos que confirman diversos estudos que poñen o foco nas elevadas concentración de metais pesados dos vertidos”.

Nese senso, o deputado tamén pregunta polas medidas emprendidas ou que vai emprender dito Ministerio, no marco das súas competencias, para evitar os vertidos que suporían graves afectacións de tipo ambiental, socieconómico e de saúde pública.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.