Este martes materialízase na Mandrágora (Ribeira) o premio de 1.000 euros en compras da campaña local do Día da Nai

29 Maio 2023

Este martes 30 de maio, ás 11.30 horas, a Asociación de Empresarios de Ribeira estará no local da floraría Mandrágora, o establecemento que outorgou o premio de 1.000 euros da campaña local do Día da Nai, para materializar o galardón concedido, que consiste na posta a disposición da persoa gañadora dunha asistente persoal en compras que lle axudará a gastar a devandita contía nos comercios participantes da campaña. Estarán presentes a gañadora do premio e o presidente da asociación, Francisco Martínez Gude.

O premio grande desta campaña foi o devandito vale de compra por importe de 1.000€ e o asesoramento dunha personal shopper que acompañará á persoa premiada no momento de realizar as compras do premio. Este tiña que ser gastado un día en concreto a determinar entre a asociación e a/o premiada/o nos establecementos participantes nesta campaña, como data máxima o 31 de maio de 2023. O importe deste premio terá que ser investido tres sectores que participan nesta campaña: comercio, hostalería e restauración.

Ademais de todo o devandito, na mesma xornada do martes, a partir das 16.00 horas, celebrarase no local da asociación o obradoiro Coñece as prendas que máis favorecen a cada silueta, impartido por Mónica Pintos, asesora de imaxe. Inscricións no 981 873 719.

Outros artigos

A comunidade da Creba recibe formación en seguridade viaria

A Asociación Saúde Mental A Creba, entidade inclusiva e integradora que traballa nas comarcas de Barbanza e Muros-Noia, vén de realizar unha nova actividade encaixada no Programa de Educación e Saúde Comunitaria na que participaron os centros da Creba. Desta volta, a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

“Alonso Montero”. Xulio Xiz

Desde o cumio dos 95 anos, as letras e a fala contémplannos, testemuñan coñecemento e ansia de espallalo, conciencia e vitalidade intelixente. Moitos pensabamos que era lucense de raiz, e resulta selo sen esquecer a orixe rural ourensá, porque en Lugo...