Chamamento a persoas voluntarias para preparar as alfombras florais do Corpus Christi en Porto do Son

19 Maio 2023

A Agrupación de Alfombristas Florais de Porto do Son informou que nestes momentos xa están collendo corpo os preparativos para a realización das alfombras florais de Corpus Christi en Porto do Son, polo que unha vez máis “serán benvidas as persoas voluntarias que desexen colaborar neste nobre labor que dá continuidade á tradición do noso concello”, explican, engadindo que as tarefas a desenvolver son moitas e variadas (por exemplo cortar verde), polo “que imos precisar de todas e todos vós para botarnos unha man”. Igualmente, sinalan tamén que se pode colaborar facendo doazóns de verde e de flores. Os traballos estanse a centralizar na antiga Casa das Monxas, no paseo do porto, e a partir deste mes de xuño tamén se fará uso da Casa da Cultura, en horario de 16.00 a 20.00 horas.

As persoas que queiran unirse ao equipo poden poñerse en contacto ca Área de Cultura do Concello de Porto Son no 981 767 758 e comunicalo. Tamén poden chamar ao 646598499 ou ao 659748938.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.