O Concello de Ribeira informa de que un acordo cos propietarios permitirá a conexión directa entre a praza de España coa praza do Rueiro a través dunha vía.
Este acordo, cifrado en 3.000 euros e que foi aprobado pola xunta local de goberno, posibilitará a prolongación dun dos ramais que parten da praza de España en dirección á fonte do Rueiro ao poder dispoñer da parcela que hai en medio.
Cómpre lembrar que tamén está adxudicada e pendente de executar a apertura doutra vía entre Abesadas e as Casas Baratas, neste caso unindo as rúas Barbanza e Estatuto por detrás do novo Auditorio.